agre

agre

lat acre ‘agudo, penetrante’

Plural: agres
  1. adx
    1. Que ten unha acidez desagradable, de sabor semellante ao do limón ou vinagre.

    2. Que ten sabor acedo desagradable que adquiren determinados alimentos a causa dunha alteración por microorganismos.

  2. adx

    Que fere.

  3. adx

    Que amosa mal carácter.

Citas

  • A froita verde está agre, O leite está agre
  • Contestoulle con palabras agres
  • Sempre responde en mal ton debido ao seu agre carácter

Palabras vecinas

agraviar agravio agraz agre agrear agredir agregábel