desintegración

desintegración

desintegrar

Plural: desintegracións
  1. s f

    Acción e efecto de desintegrar ou desintegrarse.

    1. s

      Proceso que provoca un cambio na estrutura interna dun núcleo atómico. Pódese producir de forma espontánea ou pode estar provocado pola interacción con partículas ou fragmentos nucleares de alta enerxía.

    2. constante de desintegración/radioactiva 

      Coeficiente de proporcionalidade que relaciona o número de núcleos que se desintegran por unidade de tempo co número de núcleos presentes naquel instante.

    3. desintegración non radiactiva

      Desintegración dun átomo ou molécula dun estado excitado a un estado de menor enerxía sen emisión de radiación electromagnética.

  2. s f [TECNOL ]

    Proceso de redución das dimensións dos sólidos como resultado da aplicación de forzas de compresión ou de cortes efectuados nun desintegrador.

  3. s f [SOCIOL ]

    Proceso ou situación de disgregación dos elementos dun sistema social producido por unha carencia de cohesión interna, da organización funcional ou pola desaparición dos intereses comúns.