desigual

desigual

des- + igual

Plural: desiguais
  1. adx
    1. Que non é igual a outra cousa.

    2. Que se opón polas súas diferenzas.

  2. adx

    Que presenta desproporción ou non gardan equilibrios as partes que o compoñen.

  3. adx
    1. Que amosa ou implica variacións ou cambios.

    2. Que presenta distintos niveis ou irregularidades.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A pelexa converteuse nun combate desigual
  • A repartición das axudas entre as distintas partes foi desigual, O trato desigual entre os alumnos provocou a sentada
  • Non se deu conta e puxo dous calcetíns moi desiguais
  • O tempo desta semana é moi desigual, primeiro chove e logo vai sol, A traxectoria dalgúns artistas é moi desigual
  • O terreo polo que andaban era moi desigual, A costa galega é desigual
  • Partiuno en anacos desiguais

Refranes

  • A uns, moito; e a outros, nada.
  • Así o mundo vai andando: uns rindo e outros chorando.
  • Entre o rato e o león non hai comparación.
  • Este mundo é un ha casa de tolos: cantan uns e choran outros.
  • Non se pode medir todo por un igual.
  • Se a ola dá escontra a pedra, o peor será para ela.
  • Uns en boa cama e outros en mala, todos igual che gamos á alba.
  • Uns nacen para moer e outros para ser maídos.