desexo

desexo

lat desidĭu

Plural: desexos
  1. s m
    1. Acción de desexar.

    2. Cousa que se desexa.

  2. s m

    Apetito sexual.

Sinónimos

Citas

  • O seu desexo é ser cantante
  • Sentía un desexo libidinoso por todas as mulleres
  • Tiña desexos de viaxar a aquela cidade

Refranes

  • A hora sexa boa e o mercado espeso.
  • A quen mal desexas, en preito o vexas.
  • Bríncame q papo por dicir algo.
  • Búleme o papo por dicir o que levo no saco.
  • Cal ti "eres", así medres.
  • Canto máis cobizada é a cousa que se quere, tanto máis duro é de crer como se pode ter despois de a ver.
  • Deus che dea ovellas e fillos para ir con elas.
  • Non has facer o que queres senón o que debes.
  • O home pensa e Deus dispensa.
  • O que moito se desexa non se ere, anque logrado se vexa.
  • O que un non coñece, non o apetece.
  • Onde teño OS dentes, alí teño as mentes.
  • Ouixera ter cortella e ovellas e cabras para enchela.
  • Se os desexos fosen valedeiros, os viláns serían cabaleiros.
  • ¡Deus che dea o ben e casa en que o meter!
  • ¡Deus che dea que teñas e casa en que o metas!
  • ¡Deus che faga ben e a min tamén!
  • ¡Para todos haxa e para nós non falte!