descodificador -ra

descodificador -ra

descodificar

Plural: descodificadores Masculino: descodificador Masculino plural: descodificadores Feminino: descodificadora Feminino plural: descodificadoras
  1. adx

    Que descodifica. Tm s.

  2. s m [TECNOL ]

    Dispositivo que se conecta a un televisor para poder ter acceso ás transmisións dunha determinada emisora ou canal.

  3. s m [TECNOL ]

    Dispositivo que se emprega nos receptores e sintonizadores de FM para a audición de programas estereofónicos.

  4. descodificador de cor [TECNOL ]

    Circuíto que, a partir do sinal do vídeo, nun receptor de televisión en cor, obtén os tres sinais correspondentes ás tres cores primarias que deben activar os tres canóns de electróns do tubo de imaxe.