desafogo

desafogo

desafogar

Plural: desafogos
  1. s m

    Acción e efecto de desafogar ou desafogarse.

  2. s m

    Cousa que serve para desafogar ou desafogarse.

  3. s m

    Calidade ou condición de desafogado.

Citas

  • A invención da lavadora foi un gran desafogo para os que traballan na casa
  • Nese cuarto cábenche con desafogo dúas camas e un roupeiro, Vive con desafogo e pode permitirse todos os luxos que queira
  • Sentiu un considerable desafogo cando acabou os exames, Foi un desafogo contar contigo para organizar o evento, Aquel desafogo verbal deixou patente todas as súas angustias