derivación

derivación

lat derivatĭōne

Plural: derivacións
  1. s f

    Acción e efecto de derivar ou derivarse.

  2. s f [MED ]

    Desviación artificial do sangue, de líquidos ou de procesos inflamatorios, dunha parte a outra.

  3. s f [MED ]

    Cada un dos puntos nos que se fai o exame da actividade eléctrica dunha parte do organismo, especialmente no electrocardiograma e no electroencefalograma.

  4. s f [LING ]

    Procedemento morfolóxico de creación de novas palabras que consiste na combinación dun lexema ou raíz e un ou varios afixos. Distínguese entre derivación por prefixación, derivación por sufixación e por parasíntese.

    1. s

      Busca da derivada dunha función.

    2. derivación baixo o signo integral

      Derivación dunha función que se formula mediante unha expresión integral.