deputado -da
-
s
[HIST ]
Representante das irmandades locais nas Xuntas de Irmandade establecidas tras a Revolta Irmandiña. Cada deputado era elixido polos seus compañeiros de institución e tiña a misión de transmitir as súas queixas e peticións nas Xuntas.
-
s
[POLÍT ]
Persoa nomeada por un corpo para que exerza a súa representación exclusivamente nun foro determinado.
-
deputado a Cortes
[POLÍT ]
Representante elixido por sufraxio directo para formar parte da cámara única ou, nos parlamentos bicamerais, da de orixe popular.
-
deputado autonómico
[POLÍT ]
Membro do parlamento dunha comunidade autónoma, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto para un mandato de catro anos.
-
deputado cuneiro
[POLÍT/HIST ]
Representante no parlamento elixido por unha circunscrición territorial coa que non mantén máis vinculacións ca as do propio proceso electoral.
-
deputado de comercio
[ECON ]
Membro dunha deputación de comercio. O cargo foi creado por un decreto do rei Carlos III en 1773 para exercer as funcións de consulados de mar nas cidades que non os tiñan.
-
deputado do común
[POLÍT ]
Cargo municipal elixido por sufraxio popular para atender os asuntos relativos ao comunal.
-
deputado do reino
[HIST ]
Persoa elixida por unha cidade ou vila con voto en Cortes, que servía na deputación xeral dos reinos hispánicos.
-
deputado na sala de millóns
[POLÍT ]
Membro da sala de millóns, cámara que exerceu as funcións das antigas cortes castelás, durante os ss XVIII e XIX.
-
deputado no congreso
[POLÍT ]
Membro do Congreso de los Diputados, elixido por sufraxio universal, libre, directo e secreto.
-
deputado provincial
[POLÍT ]
Membro dunha corporación provincial.