depresión
depresión
lat depressĭōne
-
s
f
[XEOG ]
Sector da superficie da terra que está máis afundido respecto ao nivel das rexións circundantes.
-
s
f
[ECON ]
Fase do ciclo económico na que a actividade se retrae cara a un estadio máis baixo do que lle corresponde á plena ocupación dos factores de produción.
-
s
f
[PSIC ]
Estado emocional que se caracteriza por un debilitamento ou diminución das forzas anímicas, intelectuais e incluso físicas da persoa.
-
s
f
[TECNOL ]
Baleiro producido polo pistón no movemento descendente.
-
depresión atmosférica
[METEOR ]
Núcleo de baixas presións que pode ser de orixe térmica, cando se produce un quentamento excesivo dunha masa de aire e descende a súa presión, ou dinámica, orixinada por un mecanismo de ascensión.
-
depresión do horizonte
[ASTRON/MAR ]
Ángulo determinado do plano ideal da superficie do mar e a tanxente a esta superficie.