delito

delito
Plural: delitos
    1. s

      Acción ou omisión dolosa ou culposa prohibida pola lei, segundo o ordenamento xurídico de cada estado, baixo a ameaza dunha pena grave.

    2. delito común

      Delito que lesiona bens xurídicos individuais e é castigado polo código ordinario sen ser cualificado como político.

    3. delito consumado

      Delito que se produce cando se executaron todos os actos propios e característicos do feito delitivo e este chegou ao seu completo desenvolvemento e produciu o mal material e moral no que consiste.

    4. delito de lesa maxestade

      Delito cometido contra o xefe do Estado ou nas monarquías contra o rei, o seu sucesor ou o rexente.

    5. delito de sangue

      Delito que atenta contra a vida ou a integridade física dunha persoa.

    6. delito ecolóxico

      Delito que consiste en provocar ou realizar directa ou indirectamente emisións ou vertidos de calquera xeito na atmosfera, na terra ou nas augas.

    7. delito económico

      Delito que atenta contra as estruturas básicas da orde socioeconómica.

    8. delito fiscal

      Acción de defraudar a Facenda, mediante a elusión do pagamento de tributos ou o gozo indebido de beneficios fiscais.

    9. delito frustrado

      Delito que, malia ser realizado, non produce o efecto desexado polo seu autor debido a un fallo.

    10. delito militar

      Accións e omisións dolosas ou culposas castigadas polas leis militares ou polos bandos de guerra.

    11. delito notorio

      Delito cometido en presenza dun xuíz ou publicamente.

    12. delito político

      Delito dirixido contra a organización e o funcionamento do Estado ou contra os dereitos que desta organización e funcionamento proveñen para o cidadán; así como os delitos de dereito común que sexan determinados por móbiles políticos.

    13. delito progresivo

      Delito que, ao repetirse, constitúe unha nova acción delitiva de maior gravidade.

    14. delito público

      Delito que é perseguible de oficio polos propios órganos xurisdicionais.

    15. delito social

      Delito que está dirixido á perturbación ou destrución do réxime social e económico, contra os dereitos dos traballadores ou dos seus lexítimos intereses ou, en xeral, contra os intereses da maioría dos cidadáns.

    16. flagrante delito/delito in fraganti

      Delito en que se sorprende ao delincuente no momento de cometer o feito ou ben inmediatamente despois de cometelo.

  1. s m [HIST/DER ]

    Agravio, prexuízo ou dano cometido polo vasalo respecto ao señor.

Formas incorrectas

delicto