deformación

deformación

lat deformatĭōne

Plural: deformacións
  1. s f

    Acción e efecto de deformar ou deformarse.

    1. s

      ariación da forma e mesmo da estrutura cristalina dun corpo, que se produce cando cambian as forzas internas.

    2. deformación elástica

      Deformación que é proporcional ás tensións internas do corpo e que desaparece cando estas cesan.

    3. deformación plástica

      Deformación dun material sometido a un esforzo, que permanece cando este cesa.

    4. enerxía de deformación

      Enerxía que hai que ceder a un corpo para que se deforme.

  2. s f [IMAX ]

    Cambio fotográfico que modifica as imaxes co fin de conseguir uns determinados efectos especiais.

  3. deformación profesional [PSIC ]

    Conxunto de actitudes e hábitos que resultan do exercicio dunha profesión e que se trasladan de maneira abusiva á vida cotiá.

  4. deformación tectónica [XEOL ]

    Cambio de forma, posición ou volume dunha rocha, capa ou área da codia terrestre.