deferente
deferente
lat deferente, p pres de deferre ‘conceder’
-
adx
Que amosa deferencia.
-
adx
Que leva ou transporta algo.
-
circunferencia deferente
[ASTRON ]
Circunferencia que, no sistema ptolomeico e noutras teorías xeocéntricas, describe o centro do epiciclo dun planeta que xira arredor da Terra.
Citas
- A vasectomía é unha técnica cirúrxica que consiste en seccionar os conductos deferentes
- Ten un trato moi deferente coa xente que non coñece