declinación

declinación

lat declinatĭōne

Plural: declinacións
  1. s f

    Acción e efecto de declinar.

  2. s f [PAT ]

    Período de diminución dunha enfermidade ou dalgún dos seus síntomas.

    1. s [XEOG ]

      Ángulo que forma un plano vertical, ou unha aliñación, co meridiano do punto que se considere.

    2. declinación dun astro [ASTRON ]

      Distancia angular dun astro ao ecuador celeste.

    3. declinación magnética [XEOG ]

      Ángulo que forman as direccións do N magnético e do N xeográfico.

  3. s f
    1. Flexión nominal das linguas flexivas que se emprega para expresar as distintas variacións dun substantivo, adxectivo, artigo ou pronome segundo a función ou caso dentro da frase. A declinación serve para marcar o caso, que indica a función sintáctica do nome na frase, o xénero (masculino, feminino ou neutro) e o número (singular, plural ou dual).

    2. Paradigma ao que pertence unha palabra segundo o xeito como se declina.

Citas

  • A palabra
  • pertence á primeira declinación latina
  • rosa