de
lat dē
-
prep
-
Expresa posesión ou pertenza.
-
Expresa relacións de parentesco.
-
-
prep
-
Expresa orixe ou procedencia, no espazo e no tempo.
-
Expresa o punto de partida dun proceso ou transformación.
-
-
prep
Expresa unha situación espacial ou temporal.
-
prep
Expresa a causa de algo.
-
prep
Expresa a materia que constitúe ou da que está feita algunha cousa.
-
prep
Expresa a función, uso ou destino do antecedente.
-
prep
Expresa o contido ou o asunto do que trata algo.
-
prep
-
Expresa como se fai ou acontece algo.
-
Forma parte de certas locucións modais.
-
-
prep
Introduce un complemento con valor partitivo tras cuantificadores e ante un termo que designa o conxunto do que se extrae certa cantidade.
-
prep
Introduce o complemento axente dunha construción pasiva.
-
prep
Emprégase ante infinitivos e tras verbos formando ou non perífrases.
-
prep
Adquire valor condicional cando vai seguida de infinitivo. OBS: A preposición de contrae co artigo determinado e dá lugar ás formas do(s), da(s); co artigo indeterminado dá lugar a dun(s), dunha(s); coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa dá lugar a del(es), dela(s); cos demostrativos dá lugar a deste(s), desta(s), disto, dese(s), desa(s), diso, daquel(es), daquela(s), daquilo, destoutro(s), destoutra(s), desoutro(s), desoutra(s), daqueloutro e cos indefinidos dá lugar a dalgún(s), dalgunha(s), doutro(s), doutra(s).
Citas
- A neglixencia é ben coñecida de todos
- Acabaron de comer e marcharon, Comezaron de dicir que o espectáculo era moi malo, Tras verbos de pensamento ou intención, Ordenaron de labrar o campo e sementar patacas, Pensei de llelo dicir aos meus pais, Tralos auxiliares ter, haber e deber en perífrases obrigativas (Debo de ir con ela); con deber e haber en perífrases hipotéticas (Ha de haber uns cinco anos do sucedido) e con haber en perífrases temporais de futuridade (Has de calar cando cho conte)
- Algúns dos que estamos aquí serán elixidos, Só un dos meus irmáns fixo carreira, OBS: O substantivo pódese tomar en todo o seu significado virtual e mesmo pode carecer de determinación, Comemos moi pouco de pan, Patacas este ano collemos ben delas, A indicación de cantidade pode estar implícita, co que se indica simplemente que se extrae unha parte dun todo, Prefiro comer disto ca daquilo, Tamén ten este valor partitivo nas expresións admirativas de cantidade ou ante certos infinitivos, substantivados ou non, Había ben de xente, ¡Que de xente! Deulle de comer ao can (‘algo de comer’)
- Caeu de fociños ao chan, Empezou a chover de repente, Vai de vagar que che sairá mellor, O regalo saíume de balde
- Choraba de alegría, Deulle un infarto de tanto comer
- Colleu a cámara de fotos, Deulle coa táboa do peixe
- Colleu o pano de fregar para limpar o que tirara, Escolleu o neno de chaqueta azul, Visitaron a praza do Obradoiro
- Comeu todo dunha sentada
- Comeu un guiso de garavanzos, Compraron unha mesa de formica
- Compraron patacas das de a corenta céntimos de euro
- Comprou un becerro de boa raza, Venden productos de ínfima calidade
- De aquí a alá logo se chega, Do instante en que a vin, xa souben de quén era filla, De hoxe ata mañá prefiro non saír da casa, Abrimos de nove a dúas todos os días da semana
- De feito o traballo, tomaron unha borracheira negra, De que tomes o caldo, podes ver a televisión
- De ires ao cine lévame contigo
- De por el mesmo non é quen de facer nada
- É filla do seu irmán
- É moi ancha de cadeiras, O bo do home non sabía qué facer, OBS: A palabra que complementa o adxectivo pode ser un infinitivo polo que a prep adquire un valor próximo ao de para, digno de ou dun adxectivo en -ble, O que me propós é ben fácil de facer
- En dous meses fixeron dun home un gato, Tes que conseguir facer da túa vida desgraciada un poema
- Estragouse o reloxo da auga que lle entrou, Ten a pel queimada do sol
- Foi á casa de Maruxa, Colleu o libro do pai
- Hoxe é o día do seu cabodano, De inverno vai moito frío, Dixo que viña da outra beira do río, De verán aluga unha casa na praia, OBS: Alterna coas preposicións en e a, Na construcción unha (dúas, etc) + vez alterna a presencia e a ausencia de preposición, Xa vai de dúas veces que non me quixo comer, (D)unha vez foramos todos a lle arrincar as patacas
- Lemos Os eidos de Uxío Novoneyra
- Regaloulle unha novela de misterio, Escribiulle un poema de amor, Trouxo unha botella de auga
- Sabe moito de filosofía, Colleu de libros e foise correndo, OBS: A preposición de contrae co artigo determinado (o, a, os, as) e dá lugar ás formas do, da, dos e das; co artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas) e dá lugar a dun, dunha, duns e dunhas; coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa (el, ela, eles, elas) e dá lugar a del, dela, deles e delas; cos demostrativos (este, ese, aquel, isto,,; estoutro, esoutro, aqueloutro) e dá lugar a deste, dese,, destoutro, desoutro, daqueloutro; e cos cuantificadores (algún e outro) e dá lugar a dalgún, doutro
- Saíulle mal porque o fixo de mala gana, Andei de xeonllos todo o percorrido da procesión
- Sónchevos horas de vos irdes para a cama
- Teño un cativo de catro anos, Comprei un libro de cinco euros
- Volveu axiña da praza, Vén do país veciño, A tartamudez vénlle dun susto que lle deron cando era cativa, Parece ser que o artefacto é dos tempos da guerra, OBS: Para remarcar o lugar de orixe, combínase con outras preposicións, Aínda che vén agora de entre as mantas, Vimos de coas ovellas de as alindar na camposa
- Xa pasa dos cen anos, Pésache ben máis de dezaseis quilos