datación

datación

datar

Plural: datacións
  1. s f

    Acción e efecto de datar.

    1. s

      Estimación da idade dun material xeolóxico, dun fósil ou dun xacemento arqueolóxico que establece a antigüidade respecto a outros materiais cos que se establecen relacións de contemporaneidade, anterioridade ou posterioridade, segundo unha sucesión.

    2. datación por potasio-argón

      Técnica de datación que se basea na desintegración do radioisótopo potasio-40 en argón-40, e na que o proceso completo tardaría 1,27·10 10 anos.

    3. datación por radiocarbono [ARQUEOL ]

      carbono 14.

    4. datación por rubidio-estroncio

      Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo rubidio-87 no isótopo estable estroncio-87, na que o proceso completo tardaría 4,7·10 10 anos.

    5. datación por termoluminiscencia

      Técnica de datación baseada na cuantificación dos fotóns de luz que emite un sólido ao sometela a un aumento de temperatura. A diferenza de emisión de luz do material depende de pequenas cargas eléctricas da estrutura cristalina que varían co paso do tempo.

    6. datación por uranio-chumbo

      Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo de uranio-238 a chumbo-206, na que o proceso completo tardaría 4,5·10 9 anos.

    7. datación química

      Técnica de datación baseada na composición química dun espécime do que se sabe que sofre lixeiros cambios químicos co paso do tempo, como a substitución dos fosfatos por ións de flúor nos ósos soterrados.

Citas

  • A datación do fósil levoulles moito tempo pero ao final descubriron que tiña máis de tres mil anos

Palabras vecinas

data datábel datable datación datador datar dataría