africanista

africanista

africano

Plural: africanistas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao africanismo.

  2. adx

    Que se dedica aos estudos antropolóxicos, arqueolóxicos, etnográficos ou doutra índole relativos a África. Tm s.

  3. adx

    Que defende os intereses africanos ou é partidario deles. Tm s.

  4. militares africanistas [HIST/BÉL ]

    Militares españois, principalmente oficiais, que prestaron servizo en África durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1930).