danakil

danakil
Plural: danakís
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dos danakil.

  2. s [ETN ]

    Individuo do pobo dos danakil.

  3. s m pl [ETN ]

    Pobo africano que pertence ao grupo camita, descendente dos afar, que se mestizou con poboacións árabes, bérberes e cos antigos semitas. Dedícanse ao pastoreo nómade e habitan a rexión situada entre as montañas de Etiopia e o Mar Vermello. Practican a relixión musulmá.

  4. s m [LING ]

    Lingua cuxita que fala o pobo danakil.

Palabras vecinas

danado -da danaide danaido -da danakil danar danburita dandi