curiosidade
curiosidade
lat curiosĭtāte
-
s
f
Calidade de curioso.
-
s
f
Cousa rara e estraña que esperta o interese.
-
s
f
Atención que se pon na realización dun traballo.
Citas
- A súa curiosidade lévao a ler moitos libros, A nosa veciña ten sempre curiosidade por saber da nosa vida, Morro de curiosidade por saber qué falaron
- Ensináronnos as principais curiosidades do museo, Realizaron unha reportaxe de curiosidades científicas
- Todo o que fai lle sae ben porque o realiza con curiosidade
Refranes
- A curiosidade é boa para a roupa.
- A quen moito quere saber, dálle pouco a entender.
- Canto máis cobizado é o que se quer, máis se cobiza ver.
- Escarabellou O galo e atopou o coitelo que ha de matalo.
- Escarabellou o galo e descubriu o coitelo para matalo.
- Nin ollo na carta nin man na arca.
- Nin os ollos ás cartas nin as mans ás barbas.
- O moito escarabellar trae ás veces o seu pesar.
- O que escoita e axexa, oe e ve cousas que despois lle pesa.
- O que vai á praza para esculcar o que pasa, inda mellor lle fora quedarse na casa.
- Quen escoita, mal de si ouza.
- Quen escoita, o seu mal oe.
- Quen pregunta o que non debe, oe o que non quere.
- Quen pregunta o que non debía, oe o que non quería.
- Quen pregunta, saber quere.
- Quero saber de que pan me hei manter.