cunca

cunca

lat concha ‘cuncha de molusco’

Plural: cuncas
  1. s f
    1. Recipiente cóncavo, de perímetro circular e de boca ancha, para beber ou tomar alimentos líquidos.

    2. Cantidade de substancia que cabe no interior dunha cunca.

  2. s f [ANAT ]

    Cavidade dentro da que se localiza o ollo.

  3. s f [METROL ]

    Medida de capacidade para áridos equivalente a 1/16 de ferrado.

  4. s f [XEOG ]

    Depresión de orixe estrutural entre montañas.

  5. s f [XEOG ]

    Depresión no fondo dos océanos de grande extensión e relevo uniforme.

    1. cunca de recepción

      Parte alta dun torrente ou río, de forma triangular, onde se reúnen as augas seguindo unha rede de sucos converxentes ata formar a canle ou o curso medio do torrente.

    2. cunca fluvial

      Territorio que resulta drenado por un mesmo río e a súa rede de afluentes.

  6. cunca mineira [XEOG/IND ]

    Filón extenso ou grupo de filóns explotados por diversas minas que constitúen unha unidade xeolóxica e xeográfica.

  7. cunca sedimentaria [XEOL ]

    Depresión dentro da que se depositan materiais.

  8. técnica de cunca/aresta

    Sistema de esmaltación cerámica que consiste na colocación dos vernices sobre os ocos ou cuncas que se realizaron na arxila antes da cocción e que impiden a mestura de cores.

Sinónimos

Confrontaciones

conco, cunco

Citas

  • Bebeu dúas cuncas de viño despois de xantar
  • Comprou media ducia de cuncas para viño
  • Ó mazar o leite, ponlle a cunca para que non bote por fóra
  • Traía un parruliño na cunca da man

Formas incorrectas

taza