cúmulo

cúmulo

lat cumŭlu ‘amontoamento’

Plural: cúmulos
  1. s m

    Gran cantidade de cousas.

  2. s m [METEOR ]

    Nube branca de forma arredondada e orixe convectiva producida pola ascendencia de masas de aire por mor do quentamento da superficie terrestre pola radiación solar.

  3. cúmulo de estrelas [ASTRON ]

    Agrupamento de estrelas que contén desde cincuenta ata millóns de elementos que, na maioría dos casos, tiveron a mesma orixe.

  4. cúmulo de galaxias [ASTRON ]

    Conxunto de galaxias que presentan unidade de orixe e de movemento.

Sinónimos

Citas

  • Os xornais ofreceron un cúmulo de noticias sobre o suceso, Tiña na mesa un cúmulo de papeis, Producíronse un cúmulo de circunstancias adversas que provocaron o accidente, En pouco tempo só dixo un cúmulo de sandeces