cuestión

cuestión

lat quaestĭōne

Plural: cuestións
  1. s f
    1. Asunto que presenta un problema ou unha dificultade que hai que resolver.

    2. Elemento puntual do que hai que ocuparse.

  2. s f

    Pregunta que hai que contestar.

  3. s f [FILOS/RELIX ]

    Cada unha das exposicións que integran un curso ou as diversas partes dun tratado sistemático da escolástica.

  4. cuestión de competencia [DER ]

    Controversia formulada entre dous xuíces ou tribunais non subordinados entre si, promovida para determinar quen dos dous ten a competencia para coñecer un preito.

  5. cuestión de confianza [POLÍT ]

    Proposta que lle presentan os gobernos ao xefe de Estado ou aos parlamentos para comprobar o grao de confianza que merecen.

  6. cuestión de gabinete [POLÍT ]

    Problema político que afecta á continuidade dun ministerio.

  7. cuestión previa
    1. [DER ]

      Asunto que debe resolverse con anterioridade á cuestión principal no proceso penal e que impide a pronunciación dunha decisión ou resolución.

    2. [POLÍT ]

      Moción presentada por algún parlamentario que afecta a cuestións de forma ou de procedemento e que ten por obxectivo obstaculizar ou impedir a votación dunha proposición ou proxecto de lei inscritos na orde do día.

  8. cuestión prexudicial [DER ]

    Punto de aclaración que se propón e que debe ser resolto antes da celebración do xuízo.

Citas

  • A cuestión dos investimentos públicos compételle ao Estado
  • Formuláronlle unha serie de cuestións á testemuña para averiguar a verdade sobre o asasinato
  • Mantivo unha cuestión co veciño e desde aquela non lle fala
  • O exame de matemáticas constaba de vinte cuestións, Deixei algunhas cuestións da enquisa baleiras
  • O presidente da comunidade formulou a cuestión de cómo arranxar as tuberías atuídas, Propuxéronse varias cuestións para debater no Congreso