cubeta

cubeta
Plural: cubetas
  1. s f

    Recipiente semellante a un caldeiro, normalmente de menor tamaño e con mango ou asa, con varias utilidades.

  2. s f

    Recipiente, xeralmente rectangular e pouco profundo, de distintos materiais que se emprega nos laboratorios para conter líquidos con distintas finalidades.

  3. s f [FÍS ]

    Recipiente pequeno, cheo de mercurio, onde vai introducido o extremo inferior aberto do tubo dun barómetro.

    1. s

      Depresión no terreo sen saída ao exterior.

    2. cubeta cárstica

      Depresión producida por procesos de disolución en rochas cársticas.

    3. cubeta estrutural

      Depresión producida por un efecto tectónico de afundimento, por fallas ou pola interferencia de dous dobramentos sinclinais.

    4. cubeta glacial

      Depresión producida por sobreescavación glacial.

    5. cubeta sedimentaria

      cunca sedimentaria.