cuadrupolo

cuadrupolo

cuadru- + polo

Plural: cuadrupolos
  1. s m [FÍS ]

    Distribución de carga que produce un campo eléctrico ou magnético, que equivale ao producido por dous dipolos eléctricos ou magnéticos que teñen momentos dipolares iguais, pero de signo contrario, e que están separados por unha distancia moi pequena.

  2. s m [TECNOL ]

    Dispositivo que consiste en catro polos magnéticos de signo alterno dispostos en círculo arredor dun feixe de partículas cargadas que focaliza.