cuadrícula
cuadrícula
lat quadricula, dim de quadru ‘cadrado’
-
s
f
Conxunto de cadrados que resulta de trazar nun papel liñas paralelas cortadas perpendicularmente por outras e cada un destes cadrados.
-
s
f
[XEOG ]
Conxunto de liñas rectas, debuxadas sobre un mapa, que resultan de proxectar no plano a latitude e a lonxitude, e que se empregan para fixar a posición dun punto do mapa respecto á orixe de coordenadas.
-
s
f
[URBAN ]
Resultado de dividir unha zona urbanizable en zonas cadradas.
-
s
f
[ARQUEOL ]
Cada unha das subdivisións dos sectores da zona de traballo dunha escavación arqueolóxica.
-
s
f
[PEDAG ]
Cada unha das estruturas que, segundo Piaget, caracterizan o pensamento formal do adolescente.
Citas
- Debes seguir a liña das cuadrículas para completar o debuxo
- O Xoán aprendeu a escribir en cuadrícula