cuadratura

cuadratura

lat quadratūra

Plural: cuadraturas
  1. s f

    Acción de cadrar unha figura.

  2. s f [MAT ]

    Operación que consiste en localizar un cadrado de área igual á área dunha superficie dada.

  3. s f [ASTRON ]

    Situación relativa de dous astros do sistema solar, que presentan lonxitudes astronómicas que difiren en 90°.

  4. s f [FÍS ]

    Cada unha das dúas magnitudes periódicas de igual período que presentan unha diferenza de fase entre elas dun cuarto de período, ou sexa, π/2 radiáns.