croque
croque
voz onomatopeica
-
s
m
-
Golpe leve na cabeza.
-
Avultamento que se forma na cabeza como consecuencia dun golpe.
-
-
santo dos Croques
Denominación popular que recibe unha estatua que representa o mestre Mateo, axeonllado e en actitude orante, situada no pé do parteluz central do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela.
Sinónimos
Citas
- Non puxen o freo de man e levei un croque contra o valado
- O coche ten un croque na defensa porque antonte choquei contra unha árbore, Non compensa arranxar o croque que sufriu o catamarán ao chocar contra o embarcadoiro
- Ó saír do coche levei un croque contra a porta
- ¡Vaia croque que che saíu na testa!