cronoloxía

cronoloxía

gr χρονολογία ‘ciencia do tempo’

Plural: cronoloxías
  1. s f [HIST ]

    Ciencia auxiliar da historia que establece as datas dos acontecementos históricos.

  2. s f [XEOL/ARQUEOL ]

    Ciencia que determina a idade e a duración de cada formación xeolóxica, de cada fase de dobramentos e dos períodos entre fases.

  3. s f

    Feitos relativos a un acontecemento ordenados temporalmente.

Citas

  • Aínda non está clara a cronoloxía dos feitos que sucederon o pasado martes