cromóxeno -na

cromóxeno -na
Plural: cromóxenos Masculino: cromóxeno Masculino plural: cromóxenos Feminino: cromóxena Feminino plural: cromóxenas
  1. adx [MICROB ]

    Aplícase á bacteria que produce pigmentos que lles dan cor ás súas colonias. Tm s.

  2. adx [QUÍM ]

    Que se pode transformar nun colorante por introdución na súa molécula dun grupo cromofórico e, posteriormente, dun auxocrómico. Tm s m, referido a substancia.

  3. adx [QUÍM ]

    Que contén un ou varios grupos cromofóricos e que se pode converter nun colorante pola adición de radicais, como o hidroxilo (-OH) ou o amidóxeno (-NH 2 ). Tm s m, referido a substancia.