cristalino -na

cristalino -na
Plural: cristalinos Masculino: cristalino Masculino plural: cristalinos Feminino: cristalina Feminino plural: cristalinas
  1. adx
    1. Que ten unhas calidades semellantes ás do cristal, especialmente a transparencia e o brillo.

    2. Aplícase á voz que pola súa natureza limpa e clara recorda o son do cristal.

    1. adx

      Que é da natureza do cristal.

    2. adx

      Que ten unha estrutura molecular regular.

    3. sistema cristalino

      Cada un dos conxuntos en que se clasifican as 32 clases cristalinas, de xeito que en cada un deles haxa aqueles que presentan eixes de simetría da mesma orde.

  2. s m [ANAT ]

    Corpo lenticular transparente situado detrás da pupila do ollo destinado a facer converxer os raios de luz, formando imaxes sobre a retina.