criboso -sa

criboso -sa

cribo

Plural: cribosos Masculino: criboso Masculino plural: cribosos Feminino: cribosa Feminino plural: cribosas
  1. adx [BIOL ]

    Que presenta perforacións.

  2. adx [BOT ]

    Aplícase ao órgano vexetal, en especial ás follas que aparentan ter na súa extensión pequenas perforacións.

  3. lámina cribosa [ANAT ]

    Parte media da lámina horizontal do etmoide, fina e perforada, que permite a comunicación mediante as células olfactorias.

  4. tubo criboso/vaso criboso [BOT ]

    Conduto formado por células floemáticas alongadas, especializadas na condución de zume elaborado.

Palabras vecinas

cribelo crible cribo criboso -sa cric(o)- crica cricétido -da