crecha

crecha
Plural: crechas
  1. s f

    Carreiro que separa o cabelo en dúas partes.

  2. s f

    Cada unha das partes en que queda dividido o pelo pola raia.

Sinónimos

Citas

  • Había tempo que non o vía e case non o coñezo coas crechas que ten agora
  • Levaba a crecha torta
  • Nunha crecha tiña unha pinza e na outra levaba o pelo solto