coxía

coxía

ital corsia ‘corredor’

Plural: coxías
  1. s f [ARQUIT ]

    Espazo comprendido entre dous muros de carga.

  2. s f [ARQUIT ]

    Corredor que dá acceso ás pezas laterais dun edificio.

  3. s f [ARQUIT ]

    División dun edificio delimitada polos vans.

  4. s f [ARQUIT ]

    Espazo comprendido entre o coro e o presbiterio, delimitado por un enreixado ou unha varanda, que posúen algunhas catedrais.

  5. s f [ARQUIT ]

    Sala dos hospitais alongada e con camas a un e outro lado.