cousa

cousa

lat causa

Plural: cousas
  1. s f

    Todo aquilo que existe ou é susceptible de existir como entidade independente.

  2. s f

    Aquilo que é inanimado.

  3. s f [FILOS ]

    Entidade individual e material, un dos cinco conceptos transcendentais para os escolásticos, cuxa noción tradicionalmente se vinculou coa de substancia, pois ambas as dúas posúen propiedades.

  4. s f [DER ]

    Todo aquilo que constitúe ou pode constituír obxecto da disciplina xurídica, porque pode producir relacións xurídicas.

  5. cousa pública [POLÍT ]

    Conxunto dos asuntos de goberno da comunidade política.

  6. cousa xulgada [DER ]

    Efecto dunha resolución xudicial cando fronte a ela non cabe, pola súa propia natureza, ningún recurso, ou cando impide que noutro xuízo se produza unha decisión diferente ou contraditoria.

Citas

  • A corte está chea de animais e o faiado de cousas
  • A cousa está en saber quén foi, Non me preguntes sobre a declaración da renda porque non entendo nada desas cousas
  • A mellor cousa que ten Ramón é a súa xenerosidade, Cadaquén ten as súas cousas
  • Cando saín da casa o taxista xa metera as miñas cousas no maleteiro
  • Lois é un desastre, sempre deixa as cousas a medio facer, O profesor repetiume centos de veces a mesma cousa, É cousa ben sabida que.
  • Non me movas as cousas do traballo, que xa as ordeno eu despois
  • Non teño tempo de ir que teño moitas cousas que facer
  • O outro día pasoulle unha cousa terrible a Antón, Debemos coller as cousas tal e como veñen, ¡Sonche cousas da vida!, Non sei qué vai ser do mundo, a cousa está moi mal
  • Segundo a Biblia, Deus é o creador de todas as cousas, Todas as cousas viventes deben morrer nalgún momento, Os nenos son as cousas máis bonitas do mundo
  • Sempre anda pensando en proxectos futuros e descoida as cousas máis inmediatas

Frases hechas

  • Non ter ciencia ningunha algunha cousa. Ser f

  • Non ter ciencia ningunha algunha cousa. Ser f

  • 1 Saber as cousas a trav

  • 1 Saber as cousas a trav

  • 2 Saber as cousas sen estudialas.

  • 2 Saber as cousas sen estudialas.

  • Saber algunha cousa a ciencia certa. Estar completamente seguro dalgunha cousa.

  • Saber algunha cousa a ciencia certa. Estar completamente seguro dalgunha cousa.

  • Ter ciencia infusa.

  • Ter ciencia infusa.