costela

costela

lat costa

Plural: costelas
    1. s [ANAT ]

      Óso plano e arqueado que forma as paredes da cavidade torácica e que serven para protexer os pulmóns e o corazón.

    2. costela moumiña

      Costela inferior e máis pequena do costelar.

  1. s f

    Óso de certos animais coa carne pegada, que se toma como alimento.

  2. s f p ext
    1. Calquera peza con forma similar a unha costela do corpo.

    2. Cada unha das tiras que constitúen as canizas do carro.

    3. [AERON ]

      Elemento estrutural das superficies de sustentación e de mando dunha aeronave, que fai de soporte do revestimento.

    4. [MAR ]

      caderna.

  3. s f [BIOL ]

    Prominencia elevada e alongada que resalta na superficie de froitos e follas.

Sinónimos

Citas

  • Arranxou unha pouca costela con patacas e chícharos
  • Rompéronselleme as dúas costelas ao abano, por iso agora avivo o lume cun cartón