cortina

cortina

lat cortīna

Plural: cortinas
  1. s f

    Peza de tecido, xeralmente de tea, que se pendura diante das portas ou fiestras como adorno, abrigo ou protección.

    1. s

      Aquilo que limita a visión de algo ou que agacha algunha cousa.

    2. cortina de fume [BÉL ]

      Neboeiro ou bruma artificial que se coloca entre as forzas propias e o inimigo co fin de ocultarse do mesmo.

  2. s f [BÉL ]

    Parte recta da muralla que, nunha fortificación, une os costados de dous baluartes ou torres consecutivas.

  3. s f [MICOL ]

    Conxunto de filamentos procedentes do veo parcial que aparecen no carpóforo cando o sombreiro abre. É unha característica das cortinariáceas.

  4. s f [IMAX ]

    Lámina metálica móbil do obturador das cámaras fotográficas SLR, que protexe a película durante o enfoque e o cambio de obxectivos.

Citas

  • A fervenza formaba unha cortina de auga que non deixaba ver o outro lado
  • A habitación non ten cortinas e entra a luz pola mañá, Os actores saíron saudar ao público despois de atravesar as cortinas