corrente

corrente

lat currente

Plural: correntes
  1. adx

    Aplícase á auga ou a calquera outro fluído que corre ou que está en movemento.

  2. adx

    Aplícase ao ano, mes, semana ou día en curso.

  3. adx
    1. Que non destaca por ningún trazo ou calidade especial.

    2. Que se sucede de forma habitual ou de forma reiterada.

    1. s [XEOG/METEOR ]

      Masa fluída que se move continuamente nunha determinada dirección.

    2. s [FÍS ]

      Movemento ou evolución dunha carga no transcurso dunha interacción, en física de partículas.

    3. corrente citoplasmática [BIOL ]

      Movemento direccional do citoplasma, no que participa o citoesqueleto.

    4. corrente de convección [XEOL ]

      Corrente circular e converxente que se orixina nas capas profundas da Terra.

    5. corrente mariña [XEOG ]

      Movemento dunha masa de auga do mar nunha dirección determinada.

  4. s f [FÍS ]

    Movemento de cargas eléctricas nun medio ou ao longo dun circuíto. Convencionalmente, acéptase como sentido da corrente o oposto ao da electricidade negativa, é dicir, ao do movemento dos electróns. A magnitude que expresa o valor dunha corrente eléctrica é a intensidade, que ten como unidade de medida o ampere.

  5. s f [FÍS ]

    Intensidade dunha corrente eléctrica.

  6. s f

    Actividade ou tendencia intelectual, ideolóxica ou estética que leva unha determinada dirección e que corresponde a un momento determinado.

  7. auga corrente

    Auga que se distribúe por medio dunha rede de tubos para abastecer o consumo nas vivendas.

Sinónimos

Citas

  • Durmir a sesta é un costume corrente nesta casa
  • É unha persoa corrente, que pode pasar facilmente desapercibida, Enténdese moi ben porque emprega unha linguaxe corrente, sen tecnicismos ningúns, Mercou un traxe corrente
  • Foi citado a declarar o día dez do mes corrente
  • O seu relatorio seguiu a corrente marxista-leninista, As correntes vangardistas na literatura xa pasaron de moda
  • Pecha as fiestras que vai moita corrente

Frases hechas

  • Contra corrente. Pensar ou querer facer as cousas de maneira contraria