correlación

correlación

lat correlatĭōne

Plural: correlacións
  1. s f

    Relación recíproca ou mutua entre dúas ou máis cousas ou unhas con outras.

  2. s f [MAT ]

    Grao de interdependencia entre diversas variables.

    1. s

      Fenómeno fonolóxico segundo o que se vinculan dúas ou máis entidades fonemáticas en relación cun determinado trazo pertinente.

    2. correlación gramatical

      Interrelación que se dá entre dous ou máis elementos dunha oración: a existencia dun condiciona a do outro.

    3. correlación temporal

      consecutio temporum.

  3. s f [LIT ]

    Figura retórica de repetición que consiste na correspondencia sintáctica ou semántica entre os membros de dous ou máis conxuntos de elementos dispostos de maneira similar.

  4. s f [ESTRATIG ]

    Relación entre os estratos, que pode ser litostratigráfica, baseada na composición petrográfica e na posición estratigráfica dunha unidade, e biostratigráfica, baseada na existencia de fósiles correlativos.

Citas

  • Dáse unha óptima correlación entre os puntos de vista de ambos os dous, Non existe ningunha correlación entre esta acción e a que levou a cabo o presidente