corpus

corpus

lat corpus

Plural: corpuses
  1. s m [DER/HIST ]

    Conxunto de leis, de escritos históricos, dogmáticos ou filosóficos ou de inscricións antigas.

  2. s m
    1. Conxunto, o máis extenso e ordenado posible, de datos ou textos que forman unha unidade e que serven de base documental nunha investigación.

    2. [LING ]

      Colección de datos lingüísticos representativos que se reúnen co propósito dunha análise lingüística.

    3. [LIT ]

      Conxunto de textos que corresponden a un determinado autor, época, escola ou movemento literario.

  3. s m [RELIX ]

    Festividade da Igrexa Católica na que se celebra a consagración, adoración e exposición solemne do Corpo de Cristo o xoves seguinte da baixada do Espírito Santo sobre os apóstolos. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

Citas

  • Recompilou un corpus de cen textos en prosa para elaborar a súa tese