corporación

corporación

lat corporatiōne

Plural: corporacións
    1. s

      Asociación de persoas ligadas entre elas por unha comunidade de regras, de obrigas ou de privilexios.

    2. s [DER ]

      Entidade de interese público constituída pola asociación permanente e obrigatoria de persoas físicas e xurídicas para a administración e defensa dos seus intereses.

    3. corporación municipal

      Conxunto dos edís dun concello.

  1. retrato de corporación [PINT ]

    Retrato de grupo característico da pintura dos Países Baixos.

Citas

  • A xuntanza de mozos foi organizada por distintas corporacións relixiosas