cornucopia

cornucopia

lat cornucopĭa

Plural: cornucopias
  1. s f [MIT ]

    Recipiente en forma de corno, ateigado de froitos, que é símbolo da abundancia.

  2. s f [ARTE ]

    Obxecto decorativo que consiste nun marco moi tallado e xeralmente dourado, baseado no tema do corno da abundancia e que pode ter un ou máis brazos para colocar candeas. Foi un elemento típico da decoración rococó.