cornixa

cornixa

ital cornice lat cornis -idis ‘coroamento’

Plural: cornixas
    1. s

      Elemento arquitectónico saínte, polo xeral horizontal e con moldura, que coroa un edificio. Adquiriu unha grande importancia na arquitectura grega, ao ser un dos elementos que formaba o entaboamento.

    2. cornixa de canle

      Moldura metálica ou pétrea colocada de xeito vertical respecto ao beirado para desviar a auga da súa parte inferior.

    3. cornixa de cinchón

      Cornixa que rodea todo o edificio e que marca a división dos pisos.

  1. s f

    Moldura que culmina un moble, un pedestal ou outra cousa.

  2. s f [XEOG ]

    Parte rochosa dunha montaña ou dunha costa esgrevia que sobresae por causa da litoloxía diferencial.

Citas

  • A cornixa do roupeiro está decorada con flores