córnico -ca
córnico -ca
topónimo Cornualla
-
adx
Relativo ou pertencente a Cornualla, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Cornualla.
-
s
m
[LING ]
Lingua celta do grupo britónico, falada en Cornualla ata o s XVIII, que desapareceu baixo a presión do inglés. Consérvanse algunhas glosas dos ss IX-X, un vocabulario do s XII e unha serie de dramas relixiosos dos ss XVI e XVII.