copto -ta
gr ἀ έγυπτος ‘Exipto’
-
adx
Relativo ou pertencente aos coptos ou á lingua copta.
-
s
Individuo da comunidade copta.
-
s
m pl
[ETN ]
Comunidade minoritaria de Exipto, caracterizada orixinariamente pola práctica do cristianismo monofisita pero, coa lenta adopción da relixión musulmá, pasou a denominar os cristiáns exipcios.
-
-
s
[LING ]
Lingua camítica derivada do antigo exipcio. Posúe un alfabeto propio. Segundo os documentos escritos coñecidos, divídese en distintos dialectos, correspondentes ás diferentes rexións de Exipto. A comunidade cristiá copta fala árabe e o uso da lingua copta é unicamente ritual.
-
alfabeto copto ESCR
[ESCR ]
Alfabeto propio da lingua copta que adoptou o alfabeto grego e mais algunhas letras deformadas da escritura demótica.
-
igrexa copta
[RELIX ]
Igrexa autóctona de Exipto, herdeira da tradición que tivo como centro Alexandría e constituída formalmente tras o Concilio de Calcedonia (451).
-
s
[LING ]