copia

copia

lat copĭa ‘abundancia’

Plural: copias
  1. s f

    Gran cantidade ou abundancia dalgunha cousa.

    1. s

      Acción e efecto de copiar.

    2. s

      Cousa que se fixo copiando.

    3. s

      Cada un dos exemplares que reproducen algo.

    4. s [ARTE ]

      Reprodución artesanal máis ou menos exacta dunha obra de arte.

    5. s [FILOL ]

      Transcrición dun texto ou dun documento manuscrito que se podía facer directamente a partir do orixinal ou dunha copia.

    6. s [DER ]

      Reprodución literal dun escrito orixinal que se realiza integramente ou en extracto. Para que teña validez xurídica, debe ser autorizada polo notario coas formalidades do dereito. Ten carácter de escritura pública.

    7. copia de seguridade

      Copia que se fai co obxecto de poder recuperala se fallase o arquivo orixinal ou se fose necesario recuperalo antes de que se someter a modificacións.

  2. s f

    Cousa que imita ou que é moi parecida a outra.

  3. copia de contacto [IND/ARTE ]

    Positivado de negativos que se poñen directamente sobre o papel, sen amplialos.

Confrontaciones

plaxio

Citas

  • Fíxolle unha copia á carta como proba
  • O libro non é máis que unha copia dos clásicos
  • Tiña unha copia da chave, Vendeu máis de 300,000 copias do seu último disco