copépodo -da
copépodo -da
gr κώπη ‘remo’ + gr ποδός ‘pé’
-
adx
Relativo ou pertencente aos copépodos.
-
s
m
[ANIMAL ]
Crustáceo da subclase dos copépodos.
-
s
m pl
[ANIMAL ]
Subclase de crustáceos da clase dos maxilópodos, de pequeno tamaño, que posúen un corpo alongado e afiado no extremo inferior, sen caparazón e o corpo dividido nun cefalotórax e nun telson. Presentan anténulas unirrámeas e un par de antenas moi longas. Teñen catro pares de patas aplanadas que lles serven para remar. Existen especies de vida libre, que son parte do zooplancto, de vida parasita e de vida simbionte.