coordenada

coordenada

coordenar

Plural: coordenadas
    1. s

      Cada unha das magnitudes que determinan a posición dun elemento espacial.

    2. sistema de coordenadas [MAT ]

      Nun certo dominio X, conxunto de funcións nas que un punto está determinado polos seus valores, de maneira que cada punto se define por un conxunto de números, que son as coordenadas do punto.

  1. coordenadas astronómicas [ASTRON ]

    Parámetros que determinan a posición dun astro na esfera celeste.

  2. coordenadas xeneralizadas [FÍS ]

    Coordenadas, xeralmente non cartesianas, que, en número igual ao de graos de liberdade dun sistema mecánico, se escollen para simplificar a forma das súas ecuacións dinámicas.

  3. coordenadas xeográficas [XEOG ]

    Parámetros que determinan a posición dun punto na superficie terrestre, segundo a lonxitude e a latitude. As liñas de referencia son dous círculos máximos: o Ecuador e un meridiano inicial, adoptado por convenio, que xeralmente é o que pasa polo observatorio de Greenwich, en Londres. Deste xeito, a lonxitude dun punto P da superficie terrestre, é a distancia angular (medida de 0° a 180°) dun arco paralelo ao Ecuador trazado desde ese punto ata o meridiano de referencia e defínese a latitude como o ángulo entre a vertical á elipsoide terrestre trazada polo punto e o plano do Ecuador.

Citas

  • Situou o punto coa axuda das coordenadas