conxunto -ta

conxunto -ta
Plural: conxuntos Masculino: conxunto Masculino plural: conxuntos Feminino: conxunta Feminino plural: conxuntas
    1. adx

      Que se dá ou se fai de forma simultánea a outra cousa ou coa mesma finalidade.

    2. adx

      Que está unido ou contiguo a outra cousa.

    3. adx [MÚS ]

      Aplícase ao movemento melódico no que se progresa mediante graos conxuntos.

    4. legado conxunto [DER ]

      Herdanza indivisible.

  1. s m

    Unidade constituída por dous ou máis elementos de algo, ou pola súa totalidade.

  2. s m

    Grupo de pezas de vestir que fan xogo.

  3. s m [MÚS ]

    Grupo instrumental ou vocal que executa unha composición musical.

  4. s m [MAT ]

    Colección de obxectos que comparten unha propiedade común.