convosco
convosco
lat cŭm ‘con’ + lat vōscŭm, por vōbīscŭm
pron pers
Forma tónica ligada de segunda persoa de plural, que funciona como complemento.
Ex: Entrou convosco no teatro, Cando era unha cativa gustaba de falar convosco, OBS: As formas sintéticas tradicionais alternan coas formas analíticas máis innovadoras (con vós) en todos os contextos ( Cantou convosco/con vós toda a noite), agás cando o pronome leva algún adxacente no que só se poden usar as formas analíticas ( *Irei convosco mesmos se me levades no coche por Irei con vós mesmos se me levades no coche).
Citas
- Entrou convosco no teatro, Cando era unha cativa gustaba de falar convosco, OBS: As formas sintéticas tradicionais alternan coas formas analíticas máis innovadoras ( con vós ) en todos os contextos ( Cantou convosco/con vós toda a noite), agás cando o pronome leva algún adxacente no que só se poden usar as formas analíticas ( * Irei convosco mesmos se me levades no coche por Irei con vós mesmos se me levades no coche).