convoi

convoi

fr convoi

Plural: convois
  1. s m [TRANSP ]

    Conxunto de vehículos que se dirixen a un mesmo lugar e que transportan diversos elementos.

  2. s m

    Agrupación de mercadorías que se trasladan dun lugar a outro para conseguir vantaxes arancelarias e unha maior economía de transporte.

  3. s m

    Conxunto de vagóns enlazados e tirados por unha mesma locomotora.

Sinónimos

Confrontaciones

caravana

Citas

  • Descarrilou un convoi de dezaseis vagóns
  • Hoxe aportou en Vigo un convoi con miles de televisores
  • O convoi que levaba os medicamentos con destino a Senegal foi atacado polas forzas inimigas
  • O convoi repeleu o ataque das forzas rebeldes
  • Os avións atacaron o convoi formado por vinte embarcacións
  • Podíasme localizar no convoi que ía aos estaleiros