convite

convite

cat convit

Plural: convites
  1. s m

    Acción de convidar.

  2. s m

    Banquete con invitados para celebrar algunha cousa.

  3. convite fúnebre [ETN ]

    Comida que, antigamente e en moitas aldeas, se poñía o día de defuntos para os mortos, xa que se consideraba que estes tamén precisaban o auxilio corporal dos seus familiares.

Sinónimos

Confrontaciones

albaroque, corrobra, festín

Citas

  • Aceptei gustoso o convite
  • O convite do seu aniversario íase celebrar nun pequeno mesón

Refranes

  • Negra é a cea na casa allea; mais inda é máis negra para quen dá a cea.
  • Non convides os amigos con cantos de paxaros e gracias de meniños.
  • Non hai coma sentarse a mesa posta sen saber o que costa.
  • Non hai mala comida para quen se convida.
  • O que está no papo non pode estar no prato.
  • Quen ve a mesa posta, non sabe o que costa.